Pandeirada das Fiandeiras / muiñeira de Ramelle
Alá arriba naquel monte unha fiadiña hai (bis)
Quen me dera ir a ela sin o saber miña nai (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)
Esta noite hai unha fía e mañán unha espadela (bis)
Boteme o caldo mi madre que eu tamen quero ir a ela (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)
Os mariñeiros no mare arman vela arman vela (bis)
Arman vela, arman vela i eu tamen a vou armar(e) (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)