A Miña Amiga (part. Luar Na Lubre)
Pomba de brancas anzas
Se ollas ó pé das augas
Á mái belida fada
Esa é a miña amada
Pomba que voas leda
Se ves na banda da ría
Á máis belida frol
Esa é a miña amiga
E miña amiga
Coma as core s da mañá
Feiticeira e garimosa
Coma unha noite de vran
E miña amiga
Vimbro de xunca lanzal
Arrecendente froliña
Aloumiño do luar
Que non brile máis a lúa
Nin luceiro da mañá
Se miña amiga
Perto de min non está
Que sequen todas as fontes
E quede sin auga o mar
Se miña amiga
Perto de min non está
Ehi vái, véla que ben vái
Miña amiga pola ría
Camiño de seu casal
Os seus cabelos son loiros
Coma as areias do mar
E as estreliñas rebrilan
No medio do seu ollar
Anduriña, anduriña
Se viras cabo da ría
Á máis xentil e benfeita
A millor, a máis belida
¡Esa é miña amiga!
¡Esa é miña amiga!