Noite (en Galego)

Abellas mouras da noite
zugan mel na frol da lua.
Abellas meus labios son
pr'as froles da carne túa.--

Mazaira de prata a noite
esfollatando luceiros.
Colleitan maduros bicos
nosos labios seitureiros.

Arden no xardín da noite
roseiras brancas d'estrelas.
Arden na tua boca rosas
i-eu quero queimarme n'elas

Na ría moura da noite
Anclada a barca da lua.
I-o meu amor navegante
anclado na carne túa.

Músicas más populares de Carmen París

Otros artistas de Latin pop music